luns, 28 de xuño de 2010

COMUNICADO PARA TODOS OS USUARIOS/AS DA CASA DAS LINGUAS



Estimadas veciñas e veciños asistentes á Casa das Linguas


Na Casa das Linguas queremos comezar unha nova etapa acercando e informando á cidadanía de novos cambios co fin de ofertar un amplo abano de actividades.
Desde o Concello de Lugo queremos dar un enfoque diferente á función das Casas das Linguas, acercalas á veciñanza para practicar e gozar aprendendo diferentes idiomas a través de todos os medios dos que
dispoñemos.

Obxectivos

- Que sexa unha ponte para a toma de contacto con outros idiomas, a primeira oportunidade para algúns, e unha práctica axuda para persoas usuarias, que cun nivel máis avanzado poidan ter actividades orientadas á comunicación oral, conversacións, audicións..., co fin de mellorar e gozar da aprendizaxe en inglés e francés.
- Que englobe actividades culturais, charlas, conferencias… Búscase acercar a interculturalidade a toda a cidadanía para dar a oportunidade de coñecer diferentes culturas e novos idiomas, actualmente ofrécese inglés e francés, chinés durante o curso escolar coa asociación Chengbao, que se abren a que outras persoas distintas das da asociación poidan asistir e con posibilidade de poder facer algo en árabe.
- Poderase gozar de servizos, abertos para toda a poboación, a sala de ordenadores para o que queiran consultar, pero tamén para practicar o idioma que elixan coa orientación por persoal cualificado.
- A lectura de prensa e revistas nacionais e internacionais, aberta a toda a cidadanía.
- Nas linguas nas que se estea traballando, dividiranse os días por niveis, cada día terá un nivel diferente.
- As series e películas emitiranse con subtítulos en español, para que sexan accesibles a todo o público. Emitiranse varias veces á semana en diferentes horarios para ofrecerlle máis facilidades á cidadanía que desexe asistir á proxección.
- Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, queremos facilitar un espazo con actividades para os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos, que teñan que acompañar os seos pais ou nais, inscritos nas actividades, durante os períodos de vacacións.

As persoas menores de idade que asistan a actividades na Casa das Linguas estarán baixo a responsabilidade exclusiva das súas nais, pais, titoras ou titores, responsables de transmitirlles as normas de funcionamento e de achegalas e recollelas á hora de comezo e de remate da actividade de que se trate.

O noso desexo é que todas as persoas que participen das actividades vexan cumpridos os seus obxectivos.
Que teñan un verán agradable e que gocen o máis posible

Un saúdo

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e persoal da Casa das Linguas

Ningún comentario:

Publicar un comentario