luns, 30 de agosto de 2021

BASES CASA DAS LINGUAS PARA O CURSO 2021-22. HORARIOS. PROTOCOLO COVID

 

BASES  CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA

 

CURSO 2021-2022

 

1.- Persoas destinatarias.

Persoas empadroadas no Concello de Lugo e nenas/os a partires de 6 anos de idade que deberán de ter cumpridos no momento de inicio da actividade. No caso de persoas non empadroadas terían a opción de matricularse nas prazas vacantes.

2.- Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.

As actividades levaranse a cabo dende o 27 de setembro ata o 17 de xuño en cada unha das casas das linguas.

3.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.

O procedemento para a concesión do servizo iniciarase coa solicitude das persoas interesadas durante o período de inscrición entre os días 1 e 14 de setembro  de 2021.

Sorteo das prazas: 15 de setembro. Publicación do listado de persoas admitidas ese día as 15:00h.

As listaxes de persoas admitidas e de listas de espera serán por riguroso sorteo tendo lugar preferente as persoas empadroadas no Concello.

As solicitudes para Casa das Linguas Estrada da Granxa poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas@lugo.gal

As solicitudes para Casa das Linguas Maria Balteira poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

Poderanse solicitar varios idiomas pero só se poderá presentar unha solicitude por idioma. No caso de solicitudes duplicadas do mesmo idioma nos dous centros, serán anuladas e non entrarán no sorteo.


MODELO INSCRICIÓN VIA E-MAIL



MODELO INSCRICIÓN PRESENCIAL




4.- Documentación que hai que achegar unha vez admitido:

Unha vez confirmada a praza, deberán de achegar a fotocopia do DNI, folla de inscrición cuberta, unha fotografía tamaño carné e o xustificante do pago de taxas que serán 30,90€ para adultos e maiores de 14 anos, para as nenas e nenos ata esa idade a actividade será gratuíta; no caso de menores de idade,  achegarase o DNI do pai/nai ou titor legal que realice a solicitude, folla de inscrición cuberta, unha fotografía tamaño carné e a autorización da toma de imaxes.

5.- Pago de Taxas.

Adultos e maiores de 14 anos: deberán abonar 30,90€ por idioma en concepto de matrícula para o curso anual.

Modelo 503 para as taxas de pago: o modelo do impreso para o pago pódese recoller nos centros das Casas Das Linguas xa impreso ou ben descargalo da páxina Web do Concello ou no Blog da Casa Das Linguas, no caso de descarga do documento, deberanse imprimir 3 copias do mesmo arquivo (ca mesma numeración):

·         Exemplar para o solicitante.

·         Exemplar para o banco.

·         Exemplar para entregar no centro da Casa Das Linguas

Non se considerará matriculada a persoa que non teña presentado o xustificante de pago.

6.- Concesión.

O día 15 de setembro as 15:00, publicarase o listado de persoas admitidas en cada unha das Casas das Linguas e no Blog (no caso de menores de idade darase información da adxudicación no servizo 010 ou nos centros directamente por protección de datos). As persoas admitidas terán que aportar a documentación necesaria para realizar a formalización da matrícula entre o 16 e 24 de setembro de 2021.

Para Casa das Linguas Estrada da Granxa poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas@lugo.gal

Para Casa das Linguas Maria Balteira poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo:  casa.linguas.balteira@lugo.gal

Inicio das actividades: luns 27 de setembro de 2021.

No suposto de que algunha das persoas admitidas incumpran as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna (máis de 4 faltas sen xustificación), causará baixa na actividade solicitada, sendo cuberta a praza, se existe listaxe de reservas, segundo a orde establecida na listaxe de reserva.

 

PROTOCOLO COVID-19

·         Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento no interior das instalacións das Casas Das Linguas e o uso do xel desinfectante colocado nas entradas dos centros das Casas Das Linguas.

·         O usuario das actividades e no caso de menores de idade, o titor/a deberá asinar a carta responsable no que se compromete a NON asistir ou NON enviar ao menor ao centro e manter illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

o        Se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co centro de saúde asignado e co centro da Casa Das Linguas.

o        Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19 o alumno/a non poderá acudir ao centro da Casa Das Linguas  ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo.

 

·         As persoas usuarias das actividades só poderán permanecer no centro durante o horario das actividades. No caso de menores de idade, deberán vir acompañados dun titor/a que agardará a que o/a profesor/a da actividade recolla ao menor na porta do centro, o persoal do centro procederá a toma de temperatura ao menor (non poderá asistir as actividades se supera os 37 grados). O/a profesor/a entregará ao menor na porta do centro a finalización da actividade.



HORARIOS CLASES IDIOMAS


INGLÉS

LUNS/Monday   ESTRADA DA GRANXA  

10.15-10.30       (Desinfección e ventilación da aula)

10.30-11.30       ELEMENTARY II English Class.  (Clases iniciación ao Inglés) (NIVEL A1.2)

                         (Desinfección e ventilación da aula)

16.15-16.30       (Desinfección e ventilación da aula)

16.30-17.30        Afternoon Class & Conversation  B1 LEVEL (listenings & speaking) (Faladoiro e                                audicións)

                          (Desinfección e ventilación da aula)

17.45-18.45         Evening Class & Conversation: LEVEL B2/C1 INTERMEDIATE/ADVANCED.     (Faladoiros con artigos de actualidade & audicións)

                              (Desinfección e ventilación da aula)


MARTES/Tuesday    MARÍA BALTEIRA

10.15-10.30          (Desinfección e ventilación da aula)

10.30-11.30           ELEMENTARY I English Class.  (Clases iniciación ao Inglés) (NIVEL A1)

                                (Desinfección e ventilación da aula)

12:00 – 13:00      BASIC ENGLISH (Audición/ vídeo, actividades) (NIVEL A2.2)

16.15-16.30       (Desinfección e ventilación da aula)

16.30-17.30          ELEMENTARY I  English Class.  (Clases iniciación ao Inglés) (NIVEL A1)

                               (Desinfección e ventilación da aula)

17:45-18:45         ELEMENTARY II  (Audición/ vídeo, actividades) (NIVEL A1.2)

                               (Desinfección e ventilación da aula)


MÉRCORES/Wednesday  ESTRADA DA GRANXA

10.15-10.30           (Desinfección e ventilación da aula)

10.30-11.30           ELEMENTARY I  English Class.  (Clases iniciación ao Inglés) (NIVEL A1)

11.30-11:45           (Desinfección e ventilación da aula)

12.00-13.00          Breakfast Chat: INTERMEDIATE/ADVANCED NIVEL B2/C1. 

                            (Faladoiros con  artigos de actualidade & audicións)

                                (Desinfección e ventilación da aula)

16.30-16.45          (Desinfección e ventilación da aula)

16.45-17.30       MAGIC ENGLISH I (a partires de 6 anos: 1ª-2º-3º Primaria) (Taller                       infantil  de vocabulario e pronunciación con videos en inglés)

17.30-17.45                 (Desinfección e ventilación da aula)

18.00-18.45         MAGIC ENGLISH II (a partires de 6 anos: 4ª-5º-6º Primaria) (Taller infantil         de vocabulario e pronunciación con videos en inglés)

                         (Desinfección e ventilación da aula)


XOVES/Thursday  MARÍA BALTEIRA

10.15-10.30        (Desinfección e ventilación da aula)

10.30-11.30        ELEMENTARY III  English Class.  (Audición/ vídeo, actividades) (NIVEL A.2)

 11.45-12.00       (Desinfección e ventilación da aula)

16.15-16.30       (Desinfección e ventilación da aula)

16.30-17.15     MAGIC ENGLISH I  (a partires de 6 anos: 1ª-2º-3º Primaria) (Taller infantil de                vocabulario e pronunciación con videos en inglés)

   (Desinfección e ventilación da aula)

17:30-18:15    MAGIC ENGLISH II (a partires de 6 anos: 4ª-5º-6º Primaria) (Taller infantil de                                            vocabulario e  pronunciación con videos en inglés)

   (Desinfección e ventilación da aula)

18:30-19:15    ESO  (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO)  

     (Desinfección e ventilación da aula) 

VENRES/Friday    ESTRADA DA GRANXA   

     BOOK SWAP/ BOOK EXCHANGE (Acceso a biblioteca gratuíta de intercambio      de libros en idiomas, cada libro utilizado permanecerá 7 días retirado en              cuarentena unha vez devolto) CON CITA PREVIA

 

FRANCÉS


Luns                        María Balteira

16.30-16.45

Desinfección e ventilación da aula

16.45-17.30

Intermedio (Nivel B1-B2)

 

Desinfección e ventilación da aula

17.45-18.30

Iniciación (Nivel A1)

 

Desinfección e ventilación da aula

18.45-19.30

Básico (Nivel A2)

 

Desinfección e ventilación da aula

Martes

María Balteira

 

11.30-11.45

Desinfección e ventilación da aula

11.45-13.00

Iniciación Intensivo

 

Desinfección e ventilación da aula

Martes

Estrada da Granxa

 

09.45-10.00

Desinfección e ventilación da aula

10.00-11.15

Iniciación Intensivo

 

Desinfección e ventilación da aula

16.45-17.30

Básico (Nivel A2)

 

Desinfección e ventilación da aula

17.45-18.30

Intermedio (Nivel B1-B2)

 

Desinfección e ventilación da aula

18.45-19.30

Primaria (Para niños de Primaria)

 

Desinfección e ventilación da aula

Mércores

María Balteira

 

16.30-16.45

Desinfección e ventilación da aula

16.45-17.30

Primaria I (Para nenos de 1º,2º,3º de Primaria)

 

Desinfección e ventilación da aula

17.45-18.30

Primaria II (Para nenos de 4º,5º,6º de Primaria)

 

Desinfección e ventilación da aula

18.45-19.30

ESO (Para nenos de ESO)

 

Desinfección e ventilación da aula

Xoves

Estrada da Granxa

 

16.30-16.45

Desinfección e ventilación da aula

16.45-17.30

Iniciación (Nivel A1)

 

Desinfección e ventilación da aula

17.45-18.30

Básico (Nivel A2)

 

Desinfección e ventilación da aula

18.45-19.30

Avanzado (Nivel C1-C2)

 

Desinfección e ventilación da aula

VenreS

Estrada da Granxa

13.00-14.30

Intercambio de libros (Acceso a biblioteca gratuita de intercambio de libros en idiomas) CON CITA PREVIA


 

ALEMÁN

ESTRADA DA GRANXA 

LUNS

16:45 – 17:30 INICIACIÓN

            Desinfección da  aula

17:45 – 18:30 BÁSICO

            Desinfección dal aula

18:45 – 19:30 AVANZADO

            Desinfección da aula

MARIA BALTEIRA

MÉRCORES

16:45 – 17:30 PRIMARIA I (1º, 2º, 3º, 4º primaria)

            Desinfección da aula

17:45 – 18:30 PRIMARIA II - ESO (5º6º primaria, 1º e 2º ESO)

Desinfección da aula

18:45 – 19:30 INTERMEDIO

           Desinfección da aula


PORTUGUÉS

ESTRADA DA GRANXA

XOVES 17:00-18:00

Desinfección da aula


GALEGO

ESTRADA DA GRANXA

MARTES

INICIACIÓN 10:00-11:00

XOVES

PREPARACIÓN AO CELGA 4       18:15-19:15

Desinfección da aula

 

MARIA BALTEIRA

MARTES

INICIACIÓN  17:00-18:00


Plan de adaptación á situación COVID 19 para o curso 2021-2022

 

1- Introdución.

2- Obxectivo.

3- Principios xerais.

4- Medidas organizativas.

5- Normas xerais.

6- Medidas de hixiene a tomar.

7- Organización interna.

8- Equipo COVID, seguimento e control de incidencias.

1. Introdución

Segundo as medidas, criterios e protocolos que aparecen no documento "Medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte a COVID-19 para centros educativos no curso 2021-22" (20-06-20) dos Ministerios de Sanidade e Educación, que ofrece o marco común para ser adaptado en cada comunidade autónoma e á realidade de cada centro educativo e o seu contexto local, e, seguindo as liñas xerais da Xunta de Galicia, na resolución conxunta das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade que aproban as instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo lnterterritorial del Sistema Nacional de Salud Pública (D.O.G. n. 174 bis do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao Protocolo de Adaptación ao contexto de COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021-2022; débese ofrecer unha contorna escolar segura ao alumnado e persoal dos centros educativos.

2. Obxectivo

O presente plan ten como obxectivo ofertar unha contorna segura tanto para as persoas usuarias da Casa das Linguas de Lugo como para todo o persoal do centro, seguindo os protocolos suxeridos polos Ministerios de Sanidade e Educación, así como pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo. As medidas incluídas neste plan iranse actualizando e modificando segundo varíe a situación epidemiolóxica.

3. Principios Xerais

Contribuír a reducir o risco de transmisión proporcionando as medidas de hixiene básicas establecidas polas autoridades sanitarias:

- Limpeza, desinfección e ventilación do Centro

A limpeza das superficies en contacto realizaranse o rematar cada actividade. Será responsabilidade do persoal de limpeza do concello a limpeza xeral do edificio pola mañá.

Ao remate de cada clase o persoal docente limpará a súa aula para que a entrada do alumnado seguinte se faga nun entorno limpo.

En cada aula, no cambio de alumnado deixarase que pase un tempo prudencial ventilación sen actividade. Será durante este tempo no que se proceda a limpar, deixando as xanelas entre abertas e cunha apertura completa.

Ademais durante as clases e na medida do posible deixaranse as xanelas e a porta medio abertas.

A Casa Das Linguas de Lugo conta con pantallas de protección (1,80 mi. de alto por 1 m. de ancho).

- Medidas de prevención persoal

Uso obrigatorio da máscara dende os 6 anos. Manterá a distancia de 1,5 m. sempre que sexa posible.

Hixiene de mans como medida básica para evitar a transmisión do virus dende as superficies.

4. Medidas organizativas

Un dos compoñentes sinalados pola OMS é o COMPROMISO DA POBOACIÓN. No noso ámbito require a responsabilidade e a colaboración de todos os membros que integran esta comunidade educativa requirindo o esforzo colectivo.

5. Normas Xerais

O presente documento complementa as normas xerais de funcionamento das Casas das Linguas, adaptándoos á normativa vixente tanto sanitaria como educativa para este curso 2021-2022.

6. Medidas de hixiene a tomar

a) Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico:

- Á entrada da Casa Das Linguas.

- Á entrada e saída de cada clase.

- Á saída dos aseos.

b) Uso obrigatorio da máscara:

-  A partir dos 6 ano

7. Ornización interna

a) Elección de horarios

A oferta dos horarios será exposta no Blog de Casa Das Linguas Concello de Lugo.

b) Ratios

- As clases de idiomas terán a cabida máxima que se poida determinar en cada momento polas autoridades sanitarias.

c) Ámbito familiar

Non debemos esquecer o rol das familias é esencial. Por iso, deben comprometerse a non enviar ao alumnado á Casa das Linguas no caso de sospeita ou aparición dalgún síntoma relacionado coa COVID-19, mesmo se algún familiar foi diagnosticado como positivo; ó mesmo xeito que calquera persoa traballadora do Centro.

d) Información entre o centro, usuarios e familias

Xunto coa matrícula, deberá ser asinado por parte do alumnado ou, no seu caso, polo pai/nai/titor/a, una declaración responsable, comprometéndose a tomar a temperatura cada día antes de levar ao alumnado ás clases en caso de presentar algún síntoma ou estar en confinamento.

No caso dos menores de idade as familias manterán puntualmente informado á CDL Lugo en caso de contaxio. Os pais, nais ou titoras/es responsabilizaranse de que o estado de saúde do alumnado sexa o óptimo para acceder á aula.

No caso de persoas maiores de idade, serán elas as responsables de comunicalo á CDL Lugo.

A Casa Das Linguas manterá un contacto permanente informativo co alumnado e familias. Farase a través de mensaxe por e-mail. No caso de ser necesario a comunicación farase por teléfono.

As circulares e comunicados xerais, así como toda a información relacionada co día a día do centro, poderá verse xeralmente na web Casa Das Linguas.

e) Lavado e desinfección de mans

Toda persoa que entre no Centro deberá lavarse as mans.

lnstruirase ao alumnado máis pequeno na técnica adecuada do lavado de mans e da utilización do xel hidroalcohólico.

f) Entradas e saídas do centro

Co fin de evitar aglomeracións nos cambios de clase realizarase un plan con diferentes horarios.

Recoméndase que toda persoa que entre no centro desinfecte primeiramente as mans. Nas diferentes dependencias da Casa Das Linguas haberá xel hidroalcohólico para utilizar ao longo da xornada.

Manterase a distancia de seguridade recomendada de 1,5 metros.

Limitaranse as interaccións físicas entre o alumnado.

Sinalizaranse as vías de acceso e evacuación.

Tentarase, na medida do posible, que as chegadas do alumnado sexan graduadas.

Prohíbese a entrada a toda persoa que non estea autorizada aos corredores do centro.

g) Circulación dentro do centro

Realizaranse só os desprazamentos estritamente necesarios polo centro, evitando aglomeracións. O alumnado de maior idade cederá o paso ao de menor idade.

O uso da máscara será obrigatorio e manterase a distancia da seguridade.

Manteranse as portas abertas para limitar os contactos cos pomos ou tiradores.

O profesorado será o encargado de pechar a porta da aula ao comezo e ao final da clase. Unha vez finalizado o contacto coa porta deberá lavarse as mans con xel hidroalcohólico.

Evitarase polo alumnado tocar cos dedos os interruptores, e tamén o contacto coas xanelas.

MEDIDAS NOS ESPAZOS COMÚNS

Aulas

Deberán ter ventilación.

Contar con dispensador de xel hidroalcohólico e produtos de desinfección.

Manteranse as portas e xanelas abertas na medida do posible.

Realizarase a entrada e saída do alumnado de forma ordenada, e mantendo a distancia de seguridade.

Evitarase compartir libros e calquera tipo de material.

Nas aulas con cambio frecuente de docentes e alumnado recoméndase a desinfección cun produto específico e un pano desbotable ou alcohol nas mesas, cadeiras ou obxectos de uso común.

Manterase a distancia de seguridade entre o alumnado e tamén entre alumnado e docente sendo superior a 1,5 m.

Dirección e sala de reunións

Manterase a distancia de seguridade en todos os espazos comúns.

Reduciranse as visitas de alumnado, nais, pais ou persoas externas ás titorías fomentando o uso telemático.

Secretaría

As fotocopias serán realizadas polo persoal administrativo ou profesorado.

As persoas alleas ao centro (de reparto, correo...) entregarán os documentos ou paquetes ó persoal administrativo.

Dixitalizaranse ao máximo o número de procesos para evitar os desprazamentos ademais da manipulación de papel.

Uso obrigatorio de máscara.

Uso de xel hidroalcohólico na entrada.

Todo o persoal ou persoas usuarias utilizarán o seu propio bolígrafo. En caso de non dispoñer deste, proporcionaráselle un que se desinfectará tras cada uso.

A cabida máxima do despacho de dirección e secretaría será dunha persoa, podendo así manter a distancia de seguridade.

Ao abandonar o posto de traballo, deberanse deixar as mesas libres de documentación para facilitar as labores de limpeza e desinfección.

Non se deixarán instrumentos ou material persoal, como mochilas, patinetes etc. en depósito en ningún lugar do centro.

Aseos e control de limpeza

A cabida máxima será de unha persoa por cada aseo.

lndicarase ao alumnado a obrigatoriedade de lavarse as mans despois do uso dos servizos.

Priorizarase o uso do papel para o secado de mans.

Atención ó público

Facilitarase e priorizarase a atención telefónica e mediante cita previa.

Minimizarase na medida do posible a documentación para intercambiar.

O alumnado que necesite ser acompañado ao interior do centro, só poderá facelo cun único acompañante.

Non poderán acudir ao centro persoas que:

- Presenten síntomas compatibles con COVID-19.

- Estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19.

- Se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- As familias non poderán entrar no edificio salvo que o profesorado ou o equipo directivo así o considere.

- Na entrada ao Centro disporase de xel hidroalcohólico para que o persoal e persoas usuarias se desinfecten as mans cando entren e saian do mesmo.

8. Equipo Covid, seguimento e control de incidencias

Todo o persoal do Centro colaborará observando de xeito rigoroso as medidas de prevención e informará á dirección da Casa Das Linguas Lugo de calquera incidencia observada no non cumprimento das medidas de seguridade e saúde establecidas.

Cando o alumndo presente síntomas compatibles coa COVID-19 avisarase de inmediato á familia, evitarase que toque superficies coas mans (varandas, pomos, ...) e illarase nunha estancia habilitada polo centro (Aula Limpa) á espera de que sexa recollido, manténdose a xanela aberta para unha ventilación óptima. Unha vez o alumno abandone o espazo desinfectarase.

9. Centro sanitario de referencia

O centro sanitario de referencia será aquel que determine ao Concello de Lugo a Delegación de Lugo da Consellería de Sanidade.".