xoves, 3 de xuño de 2021

Campamentos de Verán 2021. Bases e admisión.

 

BASES DE ACCESO AOS CAMPAMENTOS CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA 2021

 

1.- Persoas destinatarias.

Nenas/os empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 5 e os 9 anos (as/os nenas/os deberán de ter cumpridos os 5 anos no momento de inicio da actividade).

2.- Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.

As actividades levaranse a cabo durante as seguintes quincenas:

Xullo:

1ª quincena de xullo dende o 1 de xullo ata o 14 de xullo.

Agosto:

2ª quincena de agosto dende o 16 de agosto ata o 31 de agosto.

Horario: das 10:30 ás 13:30 horas en cada unha das casas das linguas.

O número de participantes por quincena é de 10 en Maria Balteira e 10 en Estrada da Granxa. Acorde as restriccións especificadas polas autoridades sanitarias nese momento.

3.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.

O procedemento para presentar a solicitude das persoas interesadas:  vía online (enviando un e-mail) ou presencial dende o día  16 ao 29 de xuño a partir das 9:30 da mañá.

As solicitudes para Casa das Linguas estrada da Granxa enviaranse ao correo: casa.linguas@lugo.gal

As solicitudes para Casa das Linguas Maria Balteira enviaranse ao correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

Só se poderá solicitar unha quincena por alumno. A solicitude de irmáns deberán de realizarse no mesmo correo.

Na solicitude deberanse indicar os seguintes datos:

-          Nome da/o alumna/o.

-          quincena solicitada.

No caso de quedar prazas libres poderán cubrirse con alumnos que xa optaran a outras quincenas, mediante inscrición telefónica.

No caso de máis solicitudes ca prazas ofertadas, a adxudicación levarase a cabo mediante o sorteo das prazas.