luns, 29 de xuño de 2020

CAMPAMENTO DE VERÁN 2020 NA CASA DAS LINGUAS



02/07/2020
LISTADO DE ADMITIDOS:
- INFORMAMOS QUE TODOS OS SOLICITANTES ESTÁN ADMITIDOS. 
PARA AS PRAZAS VACANTES ROGAMOS CONTACTEN TELEFÓNICAMENTE COS CENTROS.

BASES DE ACCESO AOS CAMPAMENTOS CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA.

BASES:
1.- Persoas destinatarias.

Nenas/os empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 5 e os 9 anos (as/os nenas/os deberán de ter cumpridos os 5 anos no momento de inicio da actividade).

2.- Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.

As actividades levaranse a cabo dende o 6 de xullo ata o 4 de setembro, en quendas semanais, das 10:30 ás 13:30 horas en cada unha das casas das linguas. O número de participantes por semana é de 6 en Maria Balteira e 6 en Estrada da Granxa.

Xullo:
1º semana: do 6 ao 10 de xullo
2º semana: do 13 ao 17 de xullo
3º semana: do 20 ao 24 de xullo
4º semana: do 27 ao 31 de xullo

Agosto:
1º semana: do 3 ao 7 de agosto
2º semana: do 10 ao 14 de agosto
3º semana: do 17 ao 21 de agosto
4º semana: do 24 ao 28 de agosto

Setembro:
1º semana: do 31 de agosto ao 4 de setembro

3.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.

O procedemento para a concesión do servizo iniciarase a solicitude das persoas interesadas, e realizarase por rigurosa orde de inscrición vía telemática os días  30 de xuño e 1 de xullo de 2020 a partir das 10:00 da mañá.

As solicitudes para Casa das Linguas estrada da Granxa enviaranse ao correo: casa.linguas@lugo.gal

As solicitudes para Casa das Linguas Maria Balteira enviaranse ao correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

Só se poderá solicitar unha semana por alumno. A solicitude de irmáns deberán de realizarse no mesmo correo.
Na solicitude deberanse indicar os seguintes datos:
-         Nome da/o alumna/o.
-          Semana solicitada.

No caso de quedar prazas libres poderán cubrirse con alumnos que xa optaran a outras semanas, mediante inscrición telefónica.

4.- Documentación que hai que achegar unha vez admitido:

Unha vez confirmada a praza, deberán de achegar a fotocopia do DNI do pai/nai ou titor legal que presente a solicitude, folla de inscripción cuberta e a autorización da toma de imaxes.

5.- Concesión.

O xoves día 2 de xullo, publicarase o listado de admitidos en cada unha das Casas das Linguas, e comunicaráselle mediante correo electrónico aos admitidos, requerindo que aporten a documentación necesaria para realizar a formalización da inscrición.  
No suposto de que algún das/os menores admitidos incumplan as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna, causará baixa na actividade solicitada, sendo cuberta a praza, se existe listaxe de reservas, segundo a orde establecida nas mesmas.