Estimados usuarios,
A partires de mañán suspéndese toda actividade na Casa Das Linguas ata novo aviso. Informarémoslles para o inicio das mesmas. Adxuntamos o comunicado do Concello publicado na tarde de onte.
"O Concello de Lugo suspende todas as súas actividades a partir do sábado e pecha aquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario.
Co fin de evitar aglomeracións, activará a cita previa en todos os servizos e pide á veciñanza que acudan só en caso de estrita necesidade e que as consultas sexan telefónicas.
Vistas as novas medidas adoptadas desde o Goberno central e a Xunta de Galicia, o Concello de Lugo fixou no día de hoxe unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus tanto entre a poboación lucense como no ámbito dos traballadores municipais.
Desde este sábado, pecharanse todas as dependencias municipais (culturais, deportivas, sociais, garderías, ociotecas, Escola Municipal de Música, Casa da Xuventude, etc.) e suspenderanse todas as actividades organizadas desde o concello ata novo aviso, en función de como evolucione a situación.
Manteranse abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público, pero para evitar colas e aglomeracións se activará a cita previa en todos os servizos – polo que se reforzará o 010 -, e pídese aos usuarios que acudan só en caso de estrita necesidade e que as consultas sexan telefónicas."
Un cordial saúdo,
A Casa Das Linguas

Ningún comentario:
Publicar un comentario