02/07/2020
LISTADO DE ADMITIDOS:
- INFORMAMOS QUE TODOS OS SOLICITANTES ESTÁN ADMITIDOS.
PARA AS PRAZAS VACANTES ROGAMOS CONTACTEN TELEFÓNICAMENTE COS CENTROS.
BASES DE ACCESO AOS CAMPAMENTOS CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA.
BASES:
1.- Persoas destinatarias.
LISTADO DE ADMITIDOS:
- INFORMAMOS QUE TODOS OS SOLICITANTES ESTÁN ADMITIDOS.
PARA AS PRAZAS VACANTES ROGAMOS CONTACTEN TELEFÓNICAMENTE COS CENTROS.
BASES DE ACCESO AOS CAMPAMENTOS CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA.
BASES:
1.- Persoas destinatarias.
Nenas/os empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade
comprendida entre os 5 e os 9 anos (as/os nenas/os deberán de ter cumpridos os
5 anos no momento de inicio da actividade).
2.- Modalidade do
servizo, horarios e período de prestación deste.
As actividades levaranse a cabo dende o 6 de xullo ata o 4
de setembro, en quendas semanais, das 10:30 ás 13:30 horas en cada unha das
casas das linguas. O número de participantes por semana é de 6 en Maria
Balteira e 6 en Estrada da Granxa.
Xullo:
1º semana: do 6 ao 10 de xullo
2º semana: do 13 ao 17 de xullo
3º semana: do 20 ao 24 de xullo
4º semana: do 27 ao 31 de xullo
Agosto:
1º semana: do 3 ao 7 de agosto
2º semana: do 10 ao 14 de agosto
3º semana: do 17 ao 21 de agosto
4º semana: do 24 ao 28 de agosto
Setembro:
1º semana: do 31 de agosto ao 4 de setembro
3.- Procedemento para
a solicitude e concesión do servizo.
O procedemento para a concesión do servizo iniciarase a solicitude das persoas interesadas, e
realizarase por rigurosa orde de inscrición vía telemática os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2020 a partir das 10:00 da
mañá.
As solicitudes para
Casa das Linguas estrada da Granxa enviaranse ao correo: casa.linguas@lugo.gal
As solicitudes
para Casa das Linguas Maria Balteira enviaranse ao correo:
casa.linguas.balteira@lugo.gal
Só se poderá solicitar unha semana por alumno. A solicitude
de irmáns deberán de realizarse no mesmo correo.
Na solicitude deberanse indicar os seguintes datos:
- Nome da/o alumna/o.
-
Semana solicitada.
No caso de quedar prazas libres poderán cubrirse con alumnos
que xa optaran a outras semanas, mediante inscrición telefónica.
4.- Documentación que
hai que achegar unha vez admitido:
Unha vez confirmada a praza, deberán de achegar a fotocopia
do DNI do pai/nai ou titor legal que presente a solicitude, folla de
inscripción cuberta e a autorización da toma de imaxes.
5.- Concesión.
O xoves día 2 de xullo, publicarase o listado de admitidos
en cada unha das Casas das Linguas, e comunicaráselle mediante correo
electrónico aos admitidos, requerindo que aporten a documentación necesaria
para realizar a formalización da inscrición.
No suposto de que algún das/os menores admitidos incumplan
as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna, causará baixa na
actividade solicitada, sendo cuberta a praza, se existe listaxe de reservas,
segundo a orde establecida nas mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario