BASES DE ACCESO AOS
CAMPAMENTOS CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA 2021
1.- Persoas destinatarias.
Nenas/os empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 5 e os 9 anos (as/os nenas/os deberán de ter cumpridos os 5 anos no momento de inicio da actividade).
2.- Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.
As actividades levaranse a cabo durante as seguintes quincenas:
Xullo:
1ª quincena de xullo dende o 1 de xullo ata o 14 de xullo.
Agosto:
2ª quincena de agosto dende o 16 de agosto ata o 31 de agosto.
Horario: das 10:30 ás 13:30 horas en cada unha das casas das linguas.
O número de participantes por quincena é de 10 en Maria Balteira e 10 en Estrada da Granxa. Acorde as restriccións especificadas polas autoridades sanitarias nese momento.
3.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.
O procedemento para presentar a solicitude das persoas interesadas: vía online (enviando un e-mail) ou presencial dende o día 16 ao 29 de xuño a partir das 9:30 da mañá.
As solicitudes para Casa das Linguas estrada da Granxa enviaranse ao correo: casa.linguas@lugo.gal
As solicitudes para Casa das Linguas Maria Balteira enviaranse ao correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal
Só se poderá solicitar unha quincena por alumno. A solicitude de irmáns deberán de realizarse no mesmo correo.
Na solicitude deberanse indicar os seguintes datos:
- Nome da/o alumna/o.
- quincena solicitada.
No caso de quedar prazas libres poderán cubrirse con alumnos que xa optaran a outras quincenas, mediante inscrición telefónica.
No caso de máis solicitudes ca prazas ofertadas, a adxudicación levarase a cabo mediante o sorteo das prazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario